O sabugueiro

 


TEMOS NOVA WEB, PREME NO SEGUINTE ENLACE:














Sabugueiro (sambucus nigra), sabugo, bieiteiro, biuteiro, sabuguiño, bieito, sango, pao virandoiro, samuxeiro, biroiteiro, beneito, beleiteiro, biateiro, beniteiro,  sambugueiro, samuxeiro, xabugo, varadoiro, ...é un arbusto caducifolio de tamaño medio (4-6m), que nalgíns casos convértese en árbore, moi abundante en toda Europa e con espacial arraigo na cultura galega.

Atópase especialmente nas beiras dos ríos, regos, camiños, ... e no interior de Ourense é moi común atopalo ocupando o espazo das persoas e os animais nas vivendas abandonadas, como se fose a prolongación e o mantemento da vida no rural, especialmente na primavera cando florece e parece renacer a vida. Así, este arbusto con algunhas pretensións de ábore merece a noso respecto e a nosa valoración. 

De follas verdes, aserradas, florece na primavera de cor branca en umbella, de grande beleza e de grandes poderes curativos. 


A uvas de bruxa, son o froito do sabugueiro, unha baga en principio verde, que se vai tornando vermella para acabar sendo unha boliña brillante de cor púrpura case negra xuntiñas nun acio colgante, moi atractivo para os paxaros (e para moitos humanos). 

Falan de cualidades máxicas do sabugueiro, non sabemos se son certas ou non, o que si sabemos é do seu alto contido en vitamina C e fósforo. 
Coñecemos a súas virtudes na cura dos problemas respiratorios, é sudorífico e calmante, suaviza a conxuntivite, riles, circulación, dermatites,... e lemos tamén, na revista Cerna, nun artigo de Mª Xosé Castro e Gema Pérez, como curiosidade terapéutica hai quen recomenda facer cigarros coas follas do sabugueiro co fin de conseguir deixar de fumar. 

E a maiores din, que os celtas crían que o sabugueiro era morada de diversas divindades polo que arrincalo ou cortalo podía desencadear toda clase de desfeitas. 


Aproveitado dende a antiguidade na medicina, formando parte dos remedios caseiros até o uso na medicicina actual. O seu uso non se limita á medicina, a súa madeira foi empregada para a elaboración de xoguetes, instrumentos, o uso alimentario e tamén nas pócemas máxicas.               

Pero tócanos falar, a maiores das propiedades curativas e misteriosas, das propiedades culinarias, son comestibles as súas flores e tamén as baga (en crudo son laxantes).

Neste caso Carabuñas emprega as bagas de sabugueiro para elaborar os seus produtos, as bagas maduras e seleccionadas.  Poderíamos definilas como o caviar da terra ou as perlas da terra.

As bagas coas que elabora as marmaledas, aprovaitando unicamente a pulpa das bagas, acadando unhas cremas doces e suaves ideais para as maridaxes. 





_____________________________________________________________
INSTRUMENTO E ORIXE DO NOME
sabugueiro, bieiteiro, bieito ou biouteiro,...unha manchea de nomes ten en galego. Neste caso tócalle á madeira do arbusto, para iso facemos referencia ao o Consello da Cultura Galega, onde otopamos un partado dedicado á gaita de sabugueiro ou de cana (Sambucus nigraou Arundo donax)

...A Gaita de cana ou gaita de sabugueiro, son sinxelas gaitas, propias de nenos, aparecen mencionadas moi poucas veces nas coplas tradicionais, quizais por dúas razóns: primeiro porque as mulleres (nenas), principais responsables da súa composición, empregaron pouco ou nada este tipo de instrumentos, e segundo porque os que fan as coplas son normalmente adultos. En todo caso, Carlos Rei aínda foi quen de achar unha copla na que se refire o uso dunha gaita de sabugueiro:

Eche moi habilidoso
o pícaro do Merlucho,
que fixo un chichiribío
co ramalliño dun sucho.
Onde sucho é, como observa este autor, “o cañoto dun sabugueiro, co que unha vez vaciado [sic] cun punzón ou unha rama fina podíase facer un silbato [sic] ou unha pequena frauta” ...