Os nosos produtos




TEMOS NOVA WEB, PREME NO SEGUINTE ENLACE:


Presentámosvos os nosos produtos artesanais elaborados de xeito tradicional cun toque de innovación.


Todos os productos son elaborados artesanalmente, sen aditivos (nin conservantes nin colorantes) e de receita propia. Intentando ver con novos ollos os produtos tradicionais, mantendo a calidade e o saber facer pero con un punto de innovación.

A totalidade dos recursos empregados na elaboración dos nosos produtos proceden de Galicia, siguindo o principio de proximidade.


Froitas de recolección silvestre, as moras e o sabugueiro(saúco),
Procedentes de agricultura ecolóxica (manzá, limón, laranxa)
Da nosa finca (grosella, framboesa, manzá, marmelo).

Utilizamos Agar Agar como espesante, de produción ecolóxica, xelatina mariña 100% de orixe vexetal. 
Azucre de cana procedente  de agricultura ecolóxica (o país de orixe é Arxentina).
O licor elabórase de forma artesán, con produtos de primeira calidade e un augardente elaborada de xeito tradicional (destilada en pote). 

  • Licor de sabugueiro (Licor de saúco). Envase de vidro (250 ml e 500 ml).

Licor de sabugueiro. Licor de saúco

Elaborado con moito xeito. Augardente destilada de xeito tradicional, en pote a partir do bagazo da uva e as bagas de sabugueiro.
O proceso de elaboración deste licor demora seis semanas, e pasa pola destilación e a maceración até o produto final

  • Marmelada de sabugueiro (Gourmet). Envase de vidro (250g)
    • Sabugueiro
    • Sabugueiro con marmelo
    • Sabugueiro con laranxa
    • Sabugueiro con mazá
  • Marmelada de sabugueiro (Sambucus nigra). Envase de vidro (112g)
    • Sabugueiro
    • Sabugueiro con marmelo
    • Sabugueiro con laranxa
    • Sabugueiro con mazá