Puntos de venda








 TEMOS NOVA WEB, PREME NO SEGUINTE ENLACE:














Podedes atopar os produtos de Carabuñas en diferentes concellos da xeografía galega:





Café Veracruz 


Café Veracruz nace hai máis de 20 anos co obxectivo claro de difundir a cultura do café. 
Así, dende o principio coidan moito a excelencia da materia prima que empregan, do proceso de transformación a través do torrado idóneo e a formación para una correcta elaboración do produto final.

Podedes adquirir unha ampla gama de produtos de calidade (viños, tés, infusións,..) e tamé a gama de marmeladas e licor de sabugueiro de Carabuñas, estará na tenda situada na Rúa Riego de Agua, 22. A Coruña. 

Máis información sobre Veracruz no seguinte enlace: http://www.cafeveracruz.com/



Casa Amador


Rúa Carmen, 17 - 15402 Ferrol




Restaurante 3Pés



Lugar de Sobecos, 6. (Rotonda Río do Pozo - Estrada de Cedeira).15578 Narón (A Coruña). 
Telefono: 981 386 344
Correo: info@3pesgalicia.com






O Bandullo do Lambón



O bandullo do Lambón, escaparate.
O Bandullo do Lambón, dous galegos e un madrileño crearon este pequeno ultramarinos moi actual e coa mellor selección de produtos galegos e moito máis.

Situado no casco histórico de Compostela, na rúa da Raíña, onde podedes levar para a vosa casa licor de marmelada e sabugueiro. 


http://obandullodolambon.wordpress.com/





Trigonella


Trigonella conta con produtos Carabuñas, a gama de produtos de sabugueiro. Fermosa tenda, fermoso nome, está situada na rúa Bautizados, na entrada do casco histórico de Santiago. 

https://www.facebook.com/latrigonella



ABASTOS 2.0



Abastos 2.0 non é un bar, nin un café nin tampouco un restaurante. É, segundo os artistas que o puxeron en marcha un Espazo Gastronómico, na Praza de Abastos de Santiago de Compostela.

Deseño, tradición e produto mestúranse nun local que se remonta a 1873 e nel podedes degustar o licor de sabugueiro.

Recomendamos comer algo antes do licor, pola calidade dos seus menús.








Taberna O´Pozo

Na taberna O´Pozo poderedes degustar o licor de sabugueiro. Espero que gostedes!
     https://www.facebook.com/OPozoBar
  1. Enderezo: Rúa das Ánimas, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña
    Teléfono:664 49 54 17






Quero Té & Café



Praza do Campo Castelo, 60. 27001 Lugo
Teléfonos: 982 22 21 74, 627 82 91 30




Tenda de Fina




Praza Bretaña, 22. 27003  Lugo
Teléfono: 982 87 17 18


https://es-la.facebook.com/fina.nunezfernandez







Tenda Prestes

Rua Valeriano Valdesuso 4. Vilalba. Lugo

Teléfono: 982 512 153







Mercado da Reserva da Biosfera Area de Allariz

Todos os sábados de 10:00 a 14:00 horas, atopádesnos na Praza de Abastos do Concello de Allariz, pegadiños ao río Arnoia. Compañeiros/as do Mercado:Ecoleia Leite ecolóxico de AllarizMel e Punto (A Bola), Pan do Demo cogumelos (A Merca), Embutidos Vilaboa (Allariz), Queixo O Rezo (Allariz), Damalaricana Cervexa artesán (Allariz), Xardinería AllarizTres postos de verduras e hotalizas frescas (A Bola, Vilar de Santos e Allariz). 


Granxa Educativa O Rexo (Allariz)

A Fundación Ramón González Ferreiro, con sede en Paciños, no Concello de Allariz, é unha entidade privada con carácter benéfico-docente. Nas súas instalacións estanse a desenvolver diversas actividades. Entre elas a produción de QUEIXO de Ovella, iniciativa pioneira é o único queixo de ovella galego, o queixo “ O Rexo “ que culmina todo un proceso de apego e coidado da natureza, logrando gardar no seu interior o sabor e aroma das cousas ben feitas. 


Confitería Luisa (Allariz)



Confitería Luisa é unha confitería das máis míticas de Allariz, podes mercar os riquísimos AMENDOADOS.



A Despensa do Alarico (Allariz)

A Despensa do Alarico é unha tenda situada no casco histórico de Allariz, na rúa Portelo, na que podes atopar produtos de alimentación de calidade e tradicionais. Doces, licores, queixos, embutidos, mel,... da Reserva da Biosfera Área de Allariz e produtos de calidade como pastas, patés, chocolates,...agora tamén produtos Carabuñas.

Productos selectos. Delicatessen (despensadoalarico@terra.es)











Amares

Tenda e espazo de degustación de produtos galegos, ecolóxicos e artesanía.

Rúa Castelao, 3 Baixo. 32660 Allariz Ourense

Teléfono: 988 44 13 36



https://www.facebook.com/AmaresAllariz?fref=ts





Moito Gusto



Praza de Abastos de Ourense 1º Andar Posto 39-40, Ourense.
 
https://es-es.facebook.com/moitogusto.ourense

 






A Corte dos Bois (Santa Ana, Sandiás)

A Corte dos Bois é un proxecto posto en marcha por uns mozos na aldea de Santa Ana, no concello de Sandiás, unha tenda-taberna na que podes tomar um bom vinho ao tempo que saboreias os nosos magníficos petiscos. Comprar algum dos produtos que temos á venda, como desfrutar dum concerto, filme ou palestra.
Xa podes mercar as marmeladas Carabuñas na Corte.
Moita sorte aos amigos/as da Corte!!





Taberna Acevedo (Acevedo, Xunqueira de Ambía)

Unha inicitiva que bota a andar a finais de 2012, unha aposta por ivir e traballar no rural. Un lugar máxico no que podes atopar moitos produtos galegos ecolóxicos, carnes, fabas, zumes, viños,.. e tamen moita actividade cultural. 
Inclúen as nosas marmeladas na carta, pide unha táboa de queixos  ou de sobremesa ou "Iogur de cabra con sabugueiro". http://www.facebook.com/acevedotaberna





A arca da Noe


Rúa do Forno, 13. Vilar de Santos.

https://es-es.facebook.com/ArcaDaNoe







Supermercado Olga

Museo da Limia


Por suposto, podedes mercar a marmelada de sabugueiro e de outras froitas na tenda de Vilar de Santos, no Supermercado Olga, situado pretiño do concello e do Museo da Limia.










Tenda Pandarán


Dende este mes de novembro podedes adquirir os produtos Carabuñas na tenda Pandarán en Cangas, situada na Avda. Bueu, 19. Pandarán un proxecto iniciado no 92 na vila de Cangas e continua con moita forza e bo saber facer, o pan é o seu forte. Téñeno de centeo, liñaza, sésamo, de pasas e noces,... torradas, galletas e e na que podes adquirir outros produtos da terra.

Máis sobre Pandarán: http://www.pandaran.com/

 


Tenda Paquín



Tenda de produtos típicos galegos na que prima o seu servizo de calidade. Está ubicada na Praza do Calvario, en pleno centro do Rosal e especialízase nos viños da zona e produtos ecolóxicos, licores, hortalizas frescas e enlatadas. 

Podedes adquirir a marmelada de Mirabel, unha froita moi do Rosal. 

https://www.facebook.com/tenda.paquin



Vilagarcia de Arousa

Tenda Galega Bembó 

Bembó
Avda. da Mariña, 26/28 Vilagarcía. www.bembo.es


Casa Ferreira (Ponteareas)

En Ponteareas podedes coñecer os nosos produtos na Casa Ferreira, na rúa Fernández de la Vega, 6. Atoparedes unha  gran variedade de produtos gourmet;  xamóns, queixos, viños, pastas,... e dende xa os nosos produtos: marmelada de sabugueiro, mirabel e laranxa con kiwi. http://www.casaferreira.es/






Mímate Delicatessen

Mimate Delicatessen é un concepto de establecemento didáctico e versátil que facilita a compra e a degustación do produto ao cliente. Un mundo de colores, aromas  e sabores onde o cliente transportarase ás súas orixes.  
Así definen os amigos a súa tenda, e con esa frase "o cliente transportarase ás súas orixes" quixeramos animarvos a probar os produtos de sabugueiro, pois forma parte da nosa terra e das nosas orixes. 
Enderezo: Rúa real, 13 baixo. Pontevedra.Tlf. 986 84 09 06

Máis información sobre mímate en:



Frutería El VERGEL


Máis de doce anos levan Paula e Manolo ofertan froitas de verduras de calidade na cidade de Pontevedra, ademáis de marmeladas ecolóxicas e outros produtos de calidade galegos. Agora tamen podedes mercar as de Carabuñas. 

Enderezo: Poeta Uxío Novoneyra, 6. Pontevedra. Código postal: 36003. Tlf: 986 860 608.

https://www.facebook.com/fruteria.elvergel



Merca Froita

Na rúa Rosalía de Castro podedes atopar os produtos Carabuñas, unha froitería que incorpora dende principios de ano unha gama de produtos envasados (aceites, marmeladas, ...) de calidade.






Taskatenda






Rúa Marqués de Viana, 8. 36450 Salvaterra de Miño.

Teléfono: 986 65 87 36

https://www.facebook.com/taskatenda







A Lareira Vigo


 

En pleno casco vello de Vigo, atopades unha tenda chamada A lareira de Vigo (rúa dos cesteiros) e entreo utros produtos galegos podedes conseguir a marmelada e licor de sabugueiro.




https://www.facebook.com/paco.alareira



Dulces Monluik


Rúa Barrocas, nº10 - 36315, Vigo



Venda Online


Mumumío


Enviamos directamente ao teu fogar o produto que elixas, das nosas mans á tua boca. 



http://www.mumumio.com/






Dende o pasado 6 de xullo podedes adquirir os produtos Carabuñas na tenda online Arrieiro 2.0, unha inicitiva posta en marcha por Chus Garza na que podedes atopar produtos da Reserva da Biosfera Área de Allariz e produtos ecolóxicos de Galiza. www.arrieiro.es







 
https://www.facebook.com/mardeourense