Quen somos





TEMOS NOVA WEB, PREME NO SEGUINTE ENLACE:



Carabuñas é o resultado de moitas tardes e noites de pensar, de moita ilusión e moito traballo. destrás desta marca está Eva e Nelson, que podedes ver nas fotos. 

Carabuñas nace polo 2011 ca intención de darlle forma a un proxecto que levábamos tempo madurando. Un proxecto que ten como principal obxetivo o aproveitamento dos recursos naturais e a súa valorización a través da transformación. Intentando ver con novos ollos os produtos tradicionais, manter a calidade e o saber facer pero cun punto de innovación.


As nosas conservas e licores están elaboradas con materias primas de calidade de produtores/as ecolóxicos galegos/as.

Producimos de xeito artesanal nun pequeno obradoiro situado no lugar de Sanguñedo no concello de Vilar de Santos (Ourense).

Carabuñas, céntrase na valorización do SABUGUEIROsambucus nigra, un dos recursos máis abundantes da comarca e cun forte arraigo na cultura galega.
O sabugueiro foi empregado popularmente polas súas propiedades mendicináis (sistema respiratorio, dixestivo, pel,...) aínda que como alimento o seu uso non está moi extendido en Galiza.

Actualmente elaboramos conservas e licores en base ao seu froito, as bagas do sabugueiro. En breve ampliaremos a nosa liña de produtos con  outros  usos desta árbore tan beneficiosa.

Outro dos principais obxectivos de Carabuñas é tecer unha rede de colaboración e ser o punto de encontro das diferentes iniciativas que xordan na Reserva da Biosfera Área de Allariz.













                    





Ver Carabuñas nun mapa máis grande


Podedes contactar con nos a través do enderezo carabunhas@gmail.com
e nos teléfonos 672 014 380 / 666 931 276.